A automoción afánase na fabricación de respiradores

A factoría de PSA Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) manteñen un acordo de colaboración coa empresa Bionix para o desenvolvemento e posible industrialización de equipos de respiración artificial.

Bionix lidera en Galicia un proxecto solidario que involucra a diferentes actores e axentes da comunidade, contando coa participación do CTAG e de varias empresas vencelladas ao Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, e ao que se suma Groupe PSA. A través desta colaboración poderase avanzar máis rapidamente nas probas e validacións necesarias para concluír o desenvolvemento dos equipos de respiración e deseñar un escenario industrial de fabricación.

PSA e CTAG están implicados no desenvolvemento da unidade de impulsión de aire, integrada nun sistema que pretende responder as necesidades expresadas polos profesionais médicos. A súa achega principal céntrase en tarefas de deseño, prototipado e probas funcionais e de robustez, colaborando no desenvolvemento do sistema electrónico de regulación da mestura de osíxeno co aire e de sistemas alternativos de impulsión de aire.

Fonte: La Voz de Galicia