A Asociación Galega do Hidróxeno ponse en marcha

A Asociación Galega do Hidróxeno AGH2 nace para representar os intereses comúns das diferentes organizacións que operan no ámbito da tecnoloxía de hidróxeno en Galicia, acompañando e fomentando a colaboración entre empresas e administracións públicas para promover proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

En Galicia, tanto pola súa riqueza en enerxía renovable, como polo seu ecosistema empresarial, danse as circunstancias idóneas para promover e impulsar o desenvolvemento das tecnoloxías do hidróxeno, fomentando que esta desempeñe un papel fundamental neste sector en auxe e que repercuta directamente no desenvolvemento económico e ambiental de Galicia.

Definiuse o camiño a percorrer cara ao posicionamento de Galicia como unha das zonas de referencia para o desenvolvemento do hidróxeno verde e os obxectivos cos que esta Asociación nace, que son, entre outros, converter Galicia nunha das rexións europeas líderes en xeración de enerxía renovable e hidróxeno verde, potenciar a I+D+i enerxética e propiciar un marco regulatorio de certificacións, normativas e formación.

Fonte: La Opinión