A aplicación que soluciona os problemas de cobertura

Weplan, aplicación gratuíta de control do consumo móbil e aforro telefónico, lanza Cobertura+, unha app colaborativa que detecta os puntos do país onde aínda existen deficiencias de cobertura e rede móbil para solicitar aos diferentes operadores que melloren os seus servizos. A nova solución encárgase de medir a calidade dos servizos de voz e Internet móbil, descobre canto tempo pasa o usuario conectado a cada tipo de rede (2G, 3G, 4G, cobertura limitada ou sen cobertura) e detecta os seus posibles fallos. Deste xeito, o usuario evitará ter que manterse á espera para reclamar calquera posible incidencia coa súa cobertura.

“Que falla, onde e cando; isto é o que nos formulamos antes de lanzar esta aplicación, que non só achega información ao usuario senón ao propio operador,”, explica Pablo Reaño, CEO de Weplan e Cobertura+. Os problemas no servizo ofrecido e a insuficiencia nas prestacións contratadas por parte dos principais operadores de telefonía é o que motivou a aparición da nova app, que permite ao usuario notificar de forma automática as súas deficiencias ao operador e reclamar un servizo coa calidade contratada”.

Como apunta Reaño, con Cobertura+ “o cliente non necesita queixarse xa polos seus problemas de cobertura. Con ter a app instalada, o operador terá información puntual e precisa para poder solucionar os fallos na súa rede que tanto nos molestan”. Por outro lado, o carácter colaborativo da aplicación permitirá ‘mapear’ os puntos xeográficos de menor cobertura cunha maior facilidade, respectando a privacidade, sen almacenar ningún dato de carácter persoal dos usuarios. “Un dos obxectivos da aplicación é mellorar a rede de comunicacións entre todos”, asegura Reaño, que aconsella “descargala canto antes para solucionar un problema que en España leva demasiado tempo existindo”.

(Fonte: Innovaspain)