A aplicación de Contact Comunicación para a ruta do viño das Rías Baixas brilla nos blogs especializados

A aplicación móbil desenvolvida por Contact Comunicación, empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, para a Ruta do Viño das Rías Baixas, acaba de ser seleccionada polo blog viajerosdelvino.com como a segunda mellor de España para facer enoturismo.

n
n

nA aplicación pode descargarse de forma gratuíta, tanto para terminais con sistema operativo Android como iOS, picando aquí.
n
nGrazas a este tipo de tecnoloxía, os turistas e veciños da zona dispoñen dunha ferramenta gratuíta a través da cal poden levar no seu móbil toda a información sobre a ruta enolóxica. Ademais, grazas ao GPS incorporado nos smartphones, a aplicación pode guiar ao usuario a calquera punto dos incluídos na ruta, xa sexa andando ou en coche.
n
nAs aplicacións móbiles ofrecen a entidades como a Ruta do Viño das Rías Baixas a posibilidade de ofrecer información sempre actualizada e dispoñible as 24 horas do día.

n