23 proxectos innovadores de enerxías renovables adxudícanse 1200 millóns de euros

Nos últimos anos, as enerxías renovables ampliaron o seu ámbito de acción máis alá da enerxía solar e eólica para abranguer multitude de subsectores. Reflectindo esta diversidade, adxudicouse un financiamento de 1200 millóns de euros a repartir entre 23 proxectos innovadores de demostración de enerxías renovables que se levarán cabo en 16 Estados membros da UE.

n
n

nEstes proxectos tratan sobre temas como os biocombustibles avanzados, a enerxía solar concentrada, a xeotérmica, a eólica e a oceánica e a xestión distribuída de enerxías renovables (redes intelixentes). Espérase que estes proxectos, cuxo 50% do financiamento procede de NER300, contribúan a cumprir o obxectivo fixado para 2020 pola UE de obter o 20% da súa enerxía a partir de fontes renovables.
n
nO programma NER300 é un dos maiores programas de financiamento do mundo para a demostración da captura e almacenamento de carbono (CCS) e de tecnoloxías innovadoras relativas a fontes de enerxía renovables (FER) a escala precomercial dentro da Unión Europea. Ao idear formas novidosas de obter máis enerxía renovable, a UE confía en reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e depender en menor medida da enerxía importada. Ademais, o impulso á industria das renovables, a innovación tecnolóxica e o emprego en Europa propiciarán un maior crecemento nos distintos subsectores relevantes.
n
nUn dos proxectos consiste nunha planta de bioliq, ou conversión de biomasa en combustible líquido, situada no norte de Finlandia e chamada Bioenergy Ajos BtL. Os traballos consistirán en producir biodiésel e bionafta na zona do Mar Báltico que se venderán principalmente a detallistas de gasolina e gasóleo. Prevese que esta planta empregue 950 000 toneladas ao ano de materia leñosa e outras 31.000 de talloil para obter unha produción anual de 115.000 toneladas ao ano de biocombustible. Trátase dun proxecto innovador que incluirá pretratamento de biomasa, unha illa de gasificación e conversión de gas a líquido.
n
nNoutro proxecto chamado Sweden Bioenergy Pyrogrot utilizaranse como materia prima residuos forestais para obter 160.000 toneladas ao ano de aceite de pirólise cuxo contido enerxético se calcula nuns 750 xigavatios hora de enerxía. Esta planta terá capacidade para procesar 720 toneladas ao día de biomasa seca.
n
nEn conxunto, estes vinte e tres proxectos terán repercusións en numerosos aspectos dende a súa fase de desenvolvemento ata a súa etapa final, unha vez se atopen a pleno rendemento. Colectivamente, aumentarán nuns 10 teravatios/hora a produción anual de enerxías renovables en Europa, o cal equivale á cantidade de enerxía consumida nun ano, en forma de carburante, por máis dun millón de automóbiles. Probaranse na práctica tecnoloxías que servirán máis adiante para incrementar notablemente a produción de enerxía a partir de fontes renovables en toda a UE.
n
nAsí mesmo, a raíz destes proxectos crearanse miles de empregos. En primeiro lugar, a fase de construción requirirá empregar varios miles de traballadores a xornada completa durante un período de tres ou catro anos. En segundo lugar, unha vez os proxectos entren en servizo, empregarase preto de mil traballadores a xornada completa para os próximos quince a vinte anos para o funcionamento das instalacións.
n
nEstes proxectos cofinanciaranse cos ingresos obtidos coa venda de douscentos millóns de dereitos de emisión procedentes da reserva para novos entrantes do réxime comunitario de comercio de dereitos de emisión.
n
n(Fonte: Innovaticias)

n