2022: As redes privadas de 5G para empresas, cada vez máis preto

Todos os analistas tecnolóxicos coinciden en sinalar que o primeiro impacto da tecnoloxía móbil 5G producirase no segmento empresarial e especialmente no das empresas industriais e loxísticas. E aínda que España está moi atrasada na adopción do 5G empresarial, o ano que agora comeza está chamado a ser clave no desenvolvemento das redes de 5G corporativo.

A consultora Analysys Mason xa identificaba, en marzo de 2021, máis de mil instalacións de 5G empresarial por todo o mundo, o que dá unha idea do desenvolvemento do fenómeno, mentres que a súa rival ABI Research estimaba que os ingresos por redes privadas de 5G alcanzarán os 64.000 millóns de dólares en 2030.

O que non está nada claro é que os provedores destas instalacións sexan exclusivamente as operadoras de telecos, posto que existen decenas de novos actores que están a entrar neste sector, que se vai a converter nunha importante fonte de ingresos para multitude de entidades. O desencadenamento fundamental para esta explosión de servizos en España será a licitación da banda de 26.000 megahercios (MHz) ou 26 xigahercios (GHz), na que previsiblemente haberá frecuencias suficientes para que as empresas dispoñan de espectro propio para autoprestación.

Fonte: Expansión