1stFone, o innovador móbil para nenos sen pantalla e que garda 12 contactos

Os menores cada vez acceden antes ao seu primeiro dispositivo móbil, ben porque teñen acceso ao dos seus pais ou ben porque son os seus propios proxenitores os que lles proporcionan un para estar localizables cando non están na casa.

n
n

nA compañía británica OwnFone creou un móbil para que os nenos entre catro e nove anos poidan ter o seu propio dispositivo tan só co máis básico, tanto que o 1stFone non inclúe nin unha pantalla. Este teléfono móbil só conta co botón de chamar e colgar, un botón de chamada de emerxencia opcional e ata un total de 12 botóns nos que memorizar (dende fábrica) os números que os seus pais queiran que teñan no teléfono.
n
nOs menores cada vez acceden antes ao seu primeiro dispositivo móbil, ben porque teñen acceso ao dos seus pais ou ben porque son os seus propios proxenitores os que lles proporcionan un para estar localizables cando non están na casa. Pero actualmente moitos nenos teñen entre as súas mans un móbil antes mesmo de aprender a ler e este é o tipo de público que persegue a compañía británica OwnFone.
n
nEsta compañía creou o móbil 1stFone, un móbil do máis básico pensado para os máis pequenos da casa. Trátase dun dispositivo sen pantalla que unicamente está formada por botóns e que se pode deseñar ao gusto do consumidor, neste caso os nenos entre catro e nove anos.
n
nA través da páxina web de OwnFone, cada usuario pode deseñar o seu propio 1srFone. Todos os dispositivos inclúen os botóns de colgar e descolgar e o resto depende de cada usuario. Os pais (e os nenos) poden engadir de entre dous a 12 botóns nos que se memorizarán dende fábrica os teléfonos máis importantes para o neno, como por exemplo o de ambos os dous pais, irmáns, primos, etc.
n
nAdemais é posible engadir un botón que comunica directamente o neno cos servizos de emerxencia. Continuando coa configuración do terminal, a través da web poderase tamén elixir o deseño e a cor do 1stFone de entre unha serie de modelos, personalizalo co nome do neno e mesmo engadir na parte traseira o teléfono móbil do neno para que este poida recordalo en todo momento.
n
nO 1stFone está dispoñible por 55 libras (uns 65 euros) aínda que polo momento só está á venda en Reino Unido. A compañía tamén ten dispoñibles modelos de móbiles sinxelos non só para nenos senón tamén para persoas maiores, para aqueles que queiran un segundo teléfono ou un teléfono para o traballo.
n
n(Fonte: Innovaticias)
n

n