Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
Tel. +34 988 368 100 - Fax. +34 902 501 425 - tecnopole@tecnopole.gal

GALICIA AVANZA 2024
PROGRAMA DE ACELERACIÓN PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DE PEMES

Convocatoria 2024

✓ Ler atentamente as bases.
✓ Descargar e cubrir o modelo de memoria técnica tratando de responder de xeito claro as cuestións que se formulan e tendo en conta os criterios de valoración.
✓ Cubrir o formulario de inscrición
✓ Adxuntar no formulario o documento de identificación fiscal da empresa.
✓Adxuntar no formulario o documento da memoria técnica.
✓ Enviar o formulario.

Detección de erros e rectificación da convocatoria.

Respondemos as túas consultas en galiciaavanza@tecnopole.gal

GALICIA AVANZA 2024

Un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación

Aproveitando a oportunidade da actual demanda social e industrial, persegue que solucións innovadoras galegas, dispoñibles ou moi próximas ao mercado, alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

O obxectivo é en denifitiva impulsar a internacionalización das pemes innovadoras de calquera tipo de ámbito ou sector que necesiten unha panca para a validación o posicionamento e o fortalecemento da súa competitividade en mercados exteriores, achegando así ao tecido empresarial galego ao mercado global.

Obxectivos

Participando no programa do 2024 as empresas beneficiarias poderán

✓ Avanzar na senda da innovación.
✓ Controlar a rendibilidade da súa empresa.
✓ Mellorar a eficiencia dos seus procesos.
✓ Reducir gastos ou prazos de entrega.
✓ Aumentar a cota de mercado cara a mercados internacionais.
✓ Acceder a novos segmentos de clientes.
✓ Protexer as súas marcas e deseños industriais/intelectuais.
✓ Incrementar a atracción de financiamento externo, maximizando a captación de fondos públicos ou privados.
✓ Detectar posibles colaboracións con outras empresas.

01.

Validación da
viabilidade

Validar a viabilidade da saída ao mercado internacional das súas solucións innovadoras.

02.

Reforzar a consolidación

Consolidar as solucións no mercado internacional, e cunha visión de crecemento escalable e sostible a medio prazo.

03.

Incrementar a atracción de financiamento externo

Atraer financiamento maximizando a captación de fondos públicos ou privados.

04.

Impulsar a comercialización

Comercializar as solucións no mercado exterior reducindo os tempos da súa dispoñibilidade en condicións axeitadas.

05.

Fortalecer a estratexia de internacionalización

Internacionalizar e incrementar de xeito xeral a súa capacidade de adaptación aos novos mercados baseando o seu modelo de negocio no desenvolvemento e na innovación.

30 PEMES galegas

Beneficiarias no 2024

Serán beneficiarias deste Programa ata un máximo de 30 PEMES galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertencentes a calquera sector que cumpran entre outros, os seguintes requisitos:

  • Contar cun produto ou servizo innovador

Contar cun produto ou servizo innovador desenvolvido con implantación efectiva ou moi próxima ao Mercado (nivel de madurez tecnolóxica TRL8 ou TRL91) e que conte con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.

1 TRL 8: Sistema completo e certificado a través de probas e demostracións.
TRL 9: Sistema probado con éxito en contorna real

  • Potencial de desenvolvemento a nivel internacional

Ter presenza activa no mercado nacional (mínimo 2 anos)

Ter facturación nos anos 2022 e 2023 no mercado nacional e/ou internacional

8 meses

Duración e fases das actuacións asociadas ao programa 2024

Distribuídas en 2 meses para os diagnósticos e a definición dos itinerarios personalizados e de 6 meses para a súa implementación operativa. As actuacións formativas e as mentorizacións faranse en paralelo ao longo deses 6 meses.

2 meses Diagnóstico

Diagnóstico e deseño de itinerarios

6 meses implementación operativa

Implementación de itinerarios a través de servizos profesionais
Mentorización
Formación transversal e capacitación
3 Áreas de traballo coa empresa beneficiaria:

1. Definición e implementación de itinerarios de aceleración, 2. Mentorización e 3. Formación e capacitación transversal

Metodoloxía do programa de aceleración

Itinerarios
Personalizados

O Programa consiste na aplicación dunha metodoloxía de aceleración de carácter práctico

Ao tratarse dunha metodoloxía adaptada ás necesidades das empresas participantes o número de sesións de traballo cos titores determinaranse unha vez seleccionadas as empresas.

O Programa consiste na aplicación dunha metodoloxía de aceleración de carácter práctico baseada en 3 áreas de traballo coa empresa beneficiaria.

Diagnóstico e deseño de itinerarios

Titores expertos coñecedores do desenvolvemento de negocios e a internacionalización de produtos e servizos, realizarán ás empresas beneficiarias diagnósticos internos para detectar puntos de mellora concretos na situación da empresa e dos seus produtos ou servizos respecto á súa situación de saída ou permanencia en mercados exteriores.

A partir desta información deseñarán «Itinerarios personalizados» á medida de cada beneficiaria para avanzar na cobertura das necesidades reais detectadas nos diagnósticos para cubrir a curto prazo e con maior efectividade nas seguintes áreas:

PROSPECCIÓN DE MERCADO E COMPETENCIA

Estudo de novos mercados internacionais obxectivo, da demanda potencial e da competencia. Reforzo da consolidación en mercados existentes grazas ao seu coñecemento.

ESTRATEXIA DE MARKETING

orientada ao mercado internacional obxectivo e que facilite o acceso. Adaptación das estratexias existentes ou xeración dunha estratexia de marketing global.

ADAPTACIÓN DE PRODUTOS/SERVIZOS

(novos ou existentes) aos novos mercados internacionais obxectivo ou a novos públicos dentro de mercados coñecidos.

MARCAS E CERTIFICACIÓNS

Deseño e rexistro de marcas comerciais e deseños industriais a nivel internacional, presentación da solicitude de rexistro na Oficina de Propiedade intelectual da Unión Europea (EUIPO). Homologacións e marcado CE.

ESTRATEXIA DE ACCESO AO MERCADO

Desenvolvemento e apertura de novas canles de acceso al mercado internacional obxectivo directos ou a través de distribución internacional. Accións orientadas a axendar reunións o acción de preferias.

ADAPTACIÓN DE OUTRAS ÁREAS EMPRESARIAIS

Relación de intercambio da actividade de comercialización exterior do produto ou servizo con outras áreas da empresa: produción, loxística, financeira (marxes de venda), compras (provedores), loxística. Formación e preparación do persoal.

Ao tratarse dunha metodoloxía adaptada ás necesidades das empresas participantes o número de sesións de traballo cos titores determinaranse unha vez seleccionadas as empresas.

O Programa consiste na aplicación dunha metodoloxía de aceleración de carácter práctico baseada en 3 áreas de traballo coa empresa beneficiaria.

Implementación de itinerarios a través de servizos profesionais.

Unha vez definidos os itinerarios personalizados, os mesmos titores apoiarán ás empresas beneficiaras na identificación de provedores nacionais de servizos profesionais externos que cubran total ou parcialmente as necesidades detectadas nos diagnósticos.

O Programa GALICIA AVANZA contempla unha cantidade económica para destinar á contratación destes servizos, polo que a selección e a contratación final dos provedores propostos será levada a cabo directamente polos promotores do Programa.

O equipo promotor do Programa fará o seguimento e control da implementación dos servizos contratados, asegurando a consecución do alcance dos obxectivos definidos nos itinerarios de cada empresa beneficiaria.

Metodoloxía do programa de aceleración

Mentorización
Formación transversal e capacitación

Paralelamente ao diganostico, elaboración e execución dos itinerarios personalizados as empresas recibirán apoio de mentorización e formación.

Mentores expertos en diferentes materias proporcionarán asesoramiento específico.

Mentorización

Durante o transcurso do Programa e en paralelo á implementación dos itinerarios as empresas poderán acceder a unha carteira de mentores expertos en diferentes materias para recibir asesoramento específico nalgunha cuestión relacionada coas necesidades xerais detectadas polos titores para afianzar o seu proceso de internacionalización.

As actividades formativas serán virtuais ou presenciais importadas por profesionais nas áreas transversais detectadas.

Formación transversal e capacitación

Actividades formativas programadas

Ao longo do Programa organizaranse un mínimo de 6 actividades formativas programadas (virtuais ou presenciais) atendendo a temáticas relacionadas co obxecto do Programa e en base ás necesidades transversais detectadas nos diagnósticos.